Instalar InvisiVis de forma segura
InvisiVis descárgase desde esta web, non desde Microsoft Store nin Google Play. Por iso Windows e Android amosan un aviso a primeira vez: pasa con calquera app que non vén dunha tenda.
InvisiVis funciona sen conexión: non envía os teus documentos nin os teus datos a ningún sitio. A app de Android nin sequera ten permiso para usar internet.
1. Descarga só desde esta web
Descarga o instalador unicamente desde a páxina de descarga. Se alguén cho pasa por outro medio (un correo, un USB, outra web), descárgao de novo desde aquí.
2. Comproba a pegada do ficheiro
Xunto a cada descarga publicamos a súa pegada SHA-256, un código de 64 letras e números. Se o ficheiro se cambiase aínda que fose nun só byte, a súa pegada sería distinta. É opcional, pero recomendable.
En Windows
- Abre o cartafol Descargas.
- Fai clic co botón dereito nun espazo baleiro e escolle Abrir en Terminal.
- Escribe
Get-FileHash .\InvisiVis-, preme a tecla Tab para completar o nome do ficheiro e preme Intro. - Compara o resultado coa pegada da páxina de descarga. Teñen que coincidir, aínda que unha vaia en maiúsculas e a outra en minúsculas.
En Android
Instala unha app de pegadas de ficheiros (busca «hash checker» en Google Play), abre con ela a APK e compara a súa pegada SHA-256 coa da páxina de descarga.
3. Instalar en Windows
- Abre
InvisiVis-…-Setup.exe. - Windows pode amosar «Windows protexeu o seu PC». Sae porque o instalador non leva un certificado de pago de Microsoft, non porque se detectase nada malo.
- Preme Máis información e despois Executar de todos os xeitos.
- Segue o asistente. Instálase só para o teu usuario e non pide permisos de administrador.
Para desinstalala: Configuración → Aplicacións → InvisiVis → Desinstalar.
4. Instalar en Android
- Descarga a APK desde o móbil.
- Ábrea desde a notificación de descarga ou desde a app Ficheiros.
- Android pedirache permitir instalar apps desta orixe para o navegador ou a app Ficheiros. Actívao só para esa app e volve atrás.
- Preme Instalar.
- Se aparece Google Play Protect dicindo que non recoñece a app, preme Máis detalles → Instalar de todos os xeitos. Dio de calquera app que non estea en Google Play.
- Cando remate, podes volver desactivar o permiso do paso 3 en Axustes → Aplicacións → Acceso especial → Instalar apps descoñecidas.
Para actualizala, instala a APK nova enriba da anterior. Os teus datos consérvanse.
5. A proba e a licenza
A app funciona completa durante 15 días. Despois podes seguir abrindo, revisando e restaurando os teus documentos, pero gardar e enviar piden unha licenza.
Mentres InvisiVis está en beta, a licenza é de balde para os probadores: pídea no programa de probadores co código do teu equipo (na app, Axustes → Licenza). Enviarémosche un código de activación para pegalo nesa mesma pantalla.
A app non se conecta a internet nin para activarse. A licenza non leva o teu nome nin o teu correo.